SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA OS DÍAS 4, 5 E 6 AS FESTAS DE SANTA CRUZ DE BROSMOS E VILLAOSCURA



O Goberno local do Concello de Sober colabora coa celebración das festas de Villaoscura e Santa Cruz de Brosmos que teñen lugar os días 4, 5 e 6 de setembro.
 
As festas na honra a Santa María de Villaoscura comezan o día 4 cunha sesión golfa a cargo de Ruli:to. O día 5 haberá misa solemne ás 13:00 horas e sesión vermú coa Orquestra Anduriña. A mesma Orquestra será a encargada da festa verbena da noite.
 
O día 6, domingo, haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Teixeiras. A misa solemne será ás 13:00 horas e a sesión vermú  e a festa verbena correrán a cargo da Orquestra Príncipes.
 
Santa Cruz de Bromos
Santa Cruz de Brosmos celebra as festas na honra á Virxe do Carme. O venres día 4 ás 21:30 horas haberá unha pancetada e queimada para os veciños e veciñas no campo da festa. Tamén se celebrará o IV Concurso de postres e haberá festa verbena co Grupo Camelia.
 
O sábado 5 de setembro ás 09:30 haberá unha ruta BTT Santa Cruz Bike. Ás 13.15 terá lugar a ofrenda floral na honra dos músicos de Santa Cruz. A continuación, Antonio Rodríguez Álvarez, director da Academia Galega de Seguridade, pronunciará o pregón.
 
Ás 13:30 haberá procesión e misa solemne e de seguido terá lugar o concerto da Banda de Música de Sober.
 
Xa pola tarde, a partir das 18:30 horas, haberá xogos populares para todos os nenos e nenas e unha exhibición de tiro con arco. Ás 19:00 horas xogarase o partido de fútbol interxeracional e ás 21:00 horas comezará a festa verbena co Grupo Os Parentes e a Orquestra Asira.
O domingo día 6, ás 10:00 horas levarase a cabo a alborada co grupo de gaitas Érbedo. Ás 13:30 horas haberá procesión e misa solemne co Grupo Trícole.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se atopen de visita na localidade ou na Comarca a achegarse á festa.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com