|
|
NOVAS |
SOBER CONTA CON CATRO NOVAS ÁREAS DE OCIO NO RURAL E MELLORA AS FONTES DE CASANIÑO, VILAMÉA E VILARIÑO
O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de mellora de fontes públicas e de construción de catro áreas de ocio con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Os traballos, levados a cabo en diferentes puntos da localidade, contaron cun investimento de 40.000 euros que achegou a Consellería de Presidencia da Xunta.
En concreto, construíuse unha área infantil e biosaudable en Canabal, áreas biosaudables en Vilaescura, Anllo e Millán, así como a mellora de fontes públicas en Casaniño, Vilameá e Vilariño. Tamén se levou a cabo a dotación de área de xogos no Punto de Atención a Infancia Municipal (PAI).
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que a mellora de fontes públicas e a ampliación das áreas de ocio con aparatos de ximnasia “constitúe unha prioridade para o Goberno local, polo que nos vindeiros días darán comezo as obras de mellora de fontes e espazos públicos en Santa Cruz de Brosmos, Lama dos Campos e no Regato dos Eireos. Trátase, neste caso, de actuacións financiadas nun 60 por cento polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra en un 40 por cento polo Concello de Sober e contan con un presuposto de 25.000 euros.
|
|
|
|
|
|