SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BANDA DE MÚSICA DE SOBER PROTAGONIZA O VENRES O XVI BAILE Á LUZ DA LÚA



O Goberno local do Concello de Sober programa para este venres o XVI Baile á luz da lúa protagonizado, como cada ano, pola Banda de Música de Sober, quen interpretará pezas bailables dos anos 50 e 60. O evento desenvolveranse o venres a partir das 22:00 horas na Praza do Toural de Sober.
 
A maiores, e como novidade, esta edición contará cunha exhibición de baile a cargo do mestre Manuel Roldán, quen no mes de xullo impartiu clases para os veciños e veciñas da localidade. Así, na exhibición contará con algún dos seus alumnos e alumnas.
 
O programa comezará coa exhibición, á que lle seguirá o concerto da Banda de Música de Sober e o concurso de baile aberto para todos e todas os que decidan anotarse. As tres mellores parellas recibirán como premio unha cea nunha restaurante da zona e unha peza de olería de Gundivós.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas e aos que se atopen de visita na Ribeira Sacra a participar nesta noite máxica e con fonda tradición na localidade.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com