SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER, ELIXIDO PRESIDENTE DO CONSORCIO DE TURISMO DA RIBEIRA SACRA



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, foi designado esta tarde por unanimidade presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. O rexedor agradece o apoio dos 21 Concellos participantes na reunión, así como do Consello regulador da DO Ribeira Sacra e comprométese a facer un traballo serio e responsable para que o Consorcio siga sendo un dos organismos de referencia para a Ribeira Sacra e, sobre todo, para impulsar a candidatura ante a Unesco para que a zona sexa declarada Patrimonio da Humanidade.
 
"Como alcalde de Sober asumo un novo reto no que procurarei que os nosos Concellos estean á vangarda do turismo a nivel galego e nacional, ese será o meu compromiso irrenunciable, para o que comezamos a traballar desde esta mesma tarde".
 
O novo presidente do Consorcio agradece o traballo do anterior equipo, nomeadamente do presidente saínte, Carlos Armesto, e da actual xerente, Alexandra Seara. O novo presidente comprometeuse ademais a estudar a proposta de que a sede se traslade a un lugar fixo, tal e como propuxo o rexedor de Monforte. Acordouse tamén remitir a todos os concellos e asociacións o material -elaborado polo equipo de técnicos seleccionados polo Valedor do Pobo e financiado polas Deputacións de Ourense e Lugo- sobre a candidatura a Patrimonio Mundial que se deu a coñecer o sábado en Esgos para que todos os interesados e interesadas poidan facer achegas e suxestións.
 
O Consorcio celebrará o seu primeiro pleno ordinario o martes 28 ás cinco da tarde en Monforte.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com