SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O SÁBADO 4 DE XULLO TERÁ LUGAR O XI FESTIVAL DE BANDAS DO CONCELLO DE SOBER



O Goberno local organiza xunto coa Banda de Música de Sober o XI Festival de Bandas Concello de Sober. As actuacións terán lugar o vindeiro sábado 4 de xullo ás 18:00 horas no Centro Sociocultural.
 
No festival van participar a Banda de Música de Sober e a Banda de Música Isabel II de Touro.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, convida a todos os soberinos e soberinas, así como á xente da Comarca e aos que estes días visitan a zona a participar nun dos eventos con maior tradición da localidade.
 
Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir o seu prazo de matrícula, que se prolongará ata o día 6 de xullo. A presentación oficial do curso farase en setembro, mentres que as clases darán comezo a primeira semana de outubro.
 
A Escola da clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. Tamén se ofertan ensinanzas de música en movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro.
 
O centro formará grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda xuvenil.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com