SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER CHAMA Á TRANQUILIDADE E AGRADECE A COLABORACIÓN PARA SOFOCAR UN INCENDIO EN ALLO E SAN MARTIÑO



O rexedor do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, fai unha chamada á tranquilidade despois de que fora controlado o incendio que esta mesma tarde se declarou na parroquia de Anllo e que afectou a Anllo San Estevo e Anllo San Martiño.
 
O alcalde lamenta os momentos de tensión que se viviron, pola proximidade a varias casas e por un estado do vento que complicou a actuación dos equipos de extinción.
 
O rexedor estivo desde primeira hora no lugar do incendio apoiando o traballo do axente forestal ao mando, Felipe Castro. Ao mesmo tempo, o Concello mobilizou a súa motobomba desde o primeiro momento.
 
“Estamos tranquilos e satisfeitos por ter controlado o lume no menor tempo posible e desde aquí quero dar as grazas a Felipe Castro, aos efectivos e aos veciños e veciñas que axudaron na extinción do lume”, explica.
 
O incendio iniciouse ás 18:09 horas e a superficie afectada, segundo estimacións provisionais, sitúase arredor das 15 hectáreas. Na súa extinción traballan 3 axentes forestais, 8 brigadas, 4 motobombas e 1 pá.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com