|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA UNHA XORNADA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS AGRÍCOLAS O PRÓXIMO DÍA 25
O Concello de Sober vén de organizar unha xornada para a recollida de plásticos agrícolas. O servizo, que será totalmente gratuíto para os agricultores e agricultoras, desenvolverase o xoves día 25 a través da recollida en nove puntos da localidade.
O rexedor, Luis Fernández Guitián, anima aos agricultores a desfacerse deste tipo de residuos “para contribuír ao coidado do medio ambiente ao permitir eliminar de xeito eficiente o gran volume de plásticos que se acumulan nas distintas explotacións do Concello”.
Desde o Goberno local recoméndalles aos usuarios e usuarias do servizo que leven os plásticos debidamente atados aos lugares fixados para a recollida para que poidan ser facilmente manexables.
Os puntos de recollida e os horarios estimados son os seguintes:
09:00 horas. Casa Escola de Neiras.
09:20 horas. Lugar de Suiglesia, Neiras.
09:35 horas. Lugar de Gundivós o Vello.
10:00 horas. Lugar de A Carboeira, Gundivós.
10.30 horas. Praza de Mer, Proendos.
11:00 horas. Lugar de O Campo, Bulso.
11:30 horas. Rotonda de As Gándaras, Pinol.
11:45 horas. Praza de Sampil, Pinol.
12:15 horas. Praza de Doade.
O alcalde de Sober agradece de antemán a colaboración dos veciños e veciñas coa recollida deste tipo de residuos agrícolas.
|
|
|
|
|
|