SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O DOMINGO 14 DE XUÑO TERÁ LUGAR A VII CARREIRA POPULAR ‘CONCELLO DE SOBER’



O Goberno local celebra o próximo 14 de xuño a VII Carreira Popular Concello de Sober, puntuable para o IV Circuíto Leader de Carreiras Populares 2015. O prazo para anotarse pecharase o mércores día 10 de xuño e a inscrición é totalmente gratuíta a través da web www.championchipnorte.com.
 
Poderán participar nas distintas probas todos e todas aqueles que o desexen, tanto se son atletas federados ou non federados, como calquera persoa que queira formar parte desde evento deportivo. A clasificación será conxunta para as distintas distancias e recorridos, aínda que cada corredor poderá participar só nunha das probas propostas.
 
Regulamento
Todos os participantes terán asinado un dorsal, que se corresponderá coa categoría e distancia a recorrer, o cal deberá ir colocado no peito e terá que ser visible durante todo o transcurso da proba. Todo corredor que chegue á liña de meta sen o seu dorsal será automaticamente descualificado.
 
A organización poderá establecer controis durante o transcurso das probas, polos cales terán que pasar os distintos participantes para non ser descualificados.
 
O control da chegada para a proba de distancia longa de 9.600 metros, cerrarase 50 minutos despois de chegar o 1º clasificado xeral, independentemente en homes e mulleres.
 
Todos os participantes deberán colocarse na liña de saída 5 minutos antes do comezo da súa proba, sita na Praza do Concello.
 
Haberá habituallamento líquido durante a proba e o remate da mesma.
 
A organización facilitará un servizo de duchas a disposición de todos os participantes ao finalizar as distintas probas.
 
A recollida de dorsais e chips poderase facer dende as 09:00 horas e ata 30 minutos antes do comezo da proba nas instalacións habilitadas na Praza do Concello, onde é a saída.
 
A inscrición
A inscrición, tanto para distancias curtas (de 100 metros e ata 2.500 metros) como para distancia longa (9.600 metros) poderase facer a través da páxina web: www.championchipnorte.com, achegando os seguintes datos obrigatorios: NIF, NOME, APELIDOS, DATA NACEMENTO, SEXO, LOCALIDADE, MÓBIL, CLUB (se o ten).
 
Non se admitirán inscricións fóra de prazo sen os datos obrigatorios nin tampouco o mesmo día da proba, e a alta non se completará se non se cumpren os pasos fixados na web e se o corredor non aparece nos listados de prescritos publicados na web www.championchipnorte.com.
 
Premios, trofeos e medallas
Distancia  longa (9.600 metros). Haberá  Trofeos  para os 3 primeiros clasificados de cada  categoría, que serán entregados na Praza do Concello una vez finalizadas todas as probas.
 
Distancias Curtas (100 metros-2.500 metros): Entregaranse Medallas a todos os participantes nestas distancias.
 
Distancias, categorías e horarios
Distancias Curtas
1ª Categoría (nacidos no 2011 e posteriores – 100 m) 10:30 horas
2ª  Categoría (nacidos no 2010 e 2009 – 800 m) 10:35 horas
3ª  Categoría (nacidos no 2008 e 2007 – 800 m) 10:45 horas
4ª Categoría (nacidos no 2006 e 2005 – 1500 m) 10:55 horas
5ª Categoría (nacidos no 2004 e 2003 – 1500 m) 11:05 horas
6ª Categoría (nacidos no 2002 e  1997 – 2500 m) 11:15 horas
 
Distancias Longas. (Circuíto de 9.600 metros) 11:45 horas. Cronometraxe por chip.
 
1ª Categoría: nacidos dende 1992 e posteriores
2ª Categoría: nacidos entre os anos 1985 e 1991
3ª Categoría: nacidos entre os anos 1979 e 1984 
4ª Categoría: nacidos entre os anos 1973 e 1978 
5ª Categoría: nacidos no ano 1962 e 1972
6ª Categoría: nacidos no 1961 e anteriores
 
 
En todas as categorías haberá dúas clasificacións, unha de homes e outras de mulleres.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com