SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER COMEZA O DÍA 22 A CAMPAÑA DE VACINACIÓN CANINA



O Goberno local do Concello de Sober inicia o día 22 de maio a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina en todo o termo municipal.
 
A campaña é voluntaria, aínda que se lles recorda aos propietarios de cans que, segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 do 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio ter os cans identificados con microchip sen excepcións de ningún tipo.
 
Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans na comunidade autónoma de Galicia. Este pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip.
 
A vacinación farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Todos os interesados deberán chamar ao número do veterinario do recorrido: 689 10 35 94 o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A vacinación farase en horario de mañá.
 
O calendario da campaña será:
-Venres 22 de Maio: Canabal e Vilaescura
-Luns 25 de Maio: Rosende e Millán
-Martes 26 de Maio: Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán
-Mércores 27 de Maio: San Martiño de Anllo e Anllo San Estevo
-Xoves 28 de Maio: Figueiroá e Bolmente
-Venres 29 de Maio: Barantes e Santiorxo
-Luns 1 de Xuño: Pinol e Lobios
-Martes 2 de Xuño: Amandi e Doade
-Mércores 3 de Xuño: Bulso e Santa Cruz de Bromos
-Xoves 4 de Xuño: Neiras e Gundivós
Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do recorrido e, polo tanto, se atopen incluídos no rexistro informático deste, non necesitan chamar, xa que os seus cans son visitados regularmente noutras épocas do ano.
 
Os prezos son:
-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15€
-Implantación Microchip+Pasaporte oficial asociado (cartilla): 33€
-Outras Vacinas ou trámites: Preguntar ao veterinario.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com