SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER FELICITA AO GRUPO ‘THE CARALLOS’ POLA SÚA PRIMEIRA XIRA INTERNACIONAL



O Goberno local do Concello de Sober trasládalle os parabéns aos dous integrantes do grupo ‘The Carallos’ que o próximo dez de xuño inician a súa primeira xira internacional cunha serie de concertos en Inglaterra.
 
O grupo, creado a finais de 2013, está formado polo músico inglés afincado en Hortás, Camden Gary -‘Gary Kupa’-, de 60 anos de idade, e polo soberino Diego Fernández, de 28 anos.
 
Os dous músicos actuarán en once sitios en once días, entre eles en Oxford ou Londres. É a primeira vez que o músico de Sober viaxa a Inglaterra e a primeira visita para Camden despois de quince anos residindo en Galicia.
 
O músico inglés é o compositor de todas as pezas que van interpretar na súa xira. Ambos os dous tocan a guitarra acústica. ‘The Carallos’ ten actuado xa en Sober, Monforte, Escairón, Pantón e Ourense, entre outros lugares.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña que esta xira permitirá achegar Sober a Inglaterra, “polo que serán os nosos embaixadores musicais”, indica.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com