SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
ENRIQUE CEREZO AVANZA QUE O ATLÉTICO BRINDARÁ CON AMANDI NAS PRÓXIMAS CELEBRACIÓNS DEPORTIVAS



O presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, anunciou este mediodía en Sober que o seu equipo brindará con viño de Amandi nas próximas celebracións deportivas. Cerezo, encargado de ler o pregón da XXXV Feira do Viño de Amandi, comprometeuse tamén a que os Canóns do Sil e a Ribeira Sacra teñan protagonismo en calquera coprodución cinematográfica española.
 
No seu discurso falou dun vínculo familiar coa localidade da que dixo non ser forasteiro. “Aprendín a querela porque esta terra o merece e así o esixe”, abundou.
 
Cerezo explicou que en Sober descubriu “as virtudes do rural galego, aquelas especialmente existentes neste paraíso, que é un paraíso gastronómico e etnolóxico”. Referiuse á localidade como “unha terra de cine e unha paisaxe que reúnen os requisitos e, estou seguro, será declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade”.
 
“No Atlético somos dos que non se renden, igual que os viticultores que traballades nas escarpadas ladeiras do Sil”. Cerezo rematou o seu pregón falando en galego, coas verbas que o poeta Manuel María lle dedicou ao viño de Amandi.
 
Un éxito colectivo
Pola súa banda, o alcalde, Luis Fernández Guitián, afirmou que a Feira do Viño de Amandi se ten consolidado “grazas ao esforzo que ano tras ano facedes os viticultores e adegueiros para que o noso produto estrela sexa cada vez máis internacional e máis demandado”. O rexedor fixo fincapé nos elementos que, xunto co viño, “fan deste Concello unha referencia e unha icona no turismo da Ribeira Sacra”. “Esta data é un éxito colectivo”, engadiu.
 
A XXXV Feira do Viño de Amandi celebrouse esta fin de semana logo dun mes de actividades dedicadas aos caldos desta subzona da DOP Ribeira Sacra. O Concello convidado foi A Teixeira e os viños gañadores da cata As Muras, Guímaro e Cividade. A adega encargada de inaugurar a feira foi Malcavada, como un xeito de renderlle homenaxe ao seu fundador, falecido recentemente.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com