SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ACOLLE MAÑÁ UNHA XORNADA SOBRE AS CLAVES PARA VENDER MÁIS E MELLOR O VIÑO



O Concello de Sober e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) colaboran na organización da xornada Claves para vender máis e mellor o viño. Estratexias de marketing no viño que se celebra mañá no Centro Sociocultural da localidade no marco do Mes do Amandi, as actividades previas á celebración da XXXV Feira do Viño de Amandi.
 
Programa
A xornada comeza ás nove da mañá coa entrega da documentación aos asistentes. De seguido, o director de Maleta Hand Wines, Dionisio Oseira, falará sobre a análise do contorno competitivo no sector do viño. Estratexia e competitividade no mundo do viño.
 
Ás 10:30 horas a profesora da Facultade de Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, María de la Curz del Río, pronunciará un relatorio sobre Enoturismo. Unha alternativa estratéxica no sector do viño.
 
Ás once, despois dunha pausa-café, o xefe do departamento de deseño da empresa galega Coretti, Manuel Deza, falará sobre a importancia da embalaxe na venda do viño. Factores que cómpre ter en conta.
 
Ás 11:45 horas o director xeral da Fundación Observatorio Español do Mercado do Viño (OEMV), Rafael del Rey, pronunciará unha charla sobre os Freos ao consumo do viño, os potenciais aceleradores, o mercado internacional do viño e o consumo do viño en España.
 
A xornada remata cunha mesa redonda da que formarán parte todos os relatores, moderada por Alfonso Losada Quiroga.
 
Destinatarios
A xornada, que conta con 100 prazas, está pensada para viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e dos consellos reguladores, persoal investigador interesado no tema, estudantes e público en xeral.
 
Obxectivos
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que a xornada pretende remarcar a importancia do marketing no mundo do viño, así como dispor dun estudo do mercado do viño a nivel nacional e internacional. Tamén se van dar a coñecer novos argumentos e estratexias de venda ao tempo que se incidirá na importancia do enoturismo como estratexia de promoción e venda.
 
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com