SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER AFIRMA QUE A INTERNACIONALIZACIÓN DO VIÑO DE AMANDI É IMPARABLE



O Concello de Sober deu a coñecer hoxe no miradoiro de Santiorxo as actividades que conforman o Mes do Amandi, así como un avance da programación de XXXV Feira do Viño de Amandi e o cartel anunciador, froito dun concurso de debuxo do que resultou gañadora a monfortina Andrea Rodríguez López. Está previsto que participen na Feira 22 adegas. Este ano o convidado de honra será o Concello de A Teixeira.
 
No acto estiveron o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e a Corporación local, a xefa territorial de Turismo, o presidente do Consello Regulador e o presidente e a xerente do Consorcio de Turismo, así como os adegueiros que van participar na Feira.
 
Fernández Guitián agradeceu aos colleiteiros que traballan nas adegas e nas viñas todo o ano para sacar ao mercado un produto excepcional “que cada vez é demandado en máis países. A internacionalización do viño de Amandi en particular, e do da Ribeira Sacra en xeral, é imparable”, afirmou.
 
Mes do Amandi
A primeira das actividades desenvolverase do 4 ao 8 de marzo, días nos que o Goberno local instalará un stand promocional do Concello de Sober e da XXXV Feira do Viño de Amandi na mostra gastronómica Xantar, en Expourense. O día 8 haberá unha degustación de viño de Amandi con galo de curral de Vila de Cruces.
 
O venres día 6 de marzo os participantes na actividade infantil de animación á lectura ‘Merendas con contos’ farán unha visita a unha das adegas de Amandi onde poderán coñecer o proceso de elaboración do viño.
 
O Concello organiza en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober un concerto de arpa a cargo de Olga Benito para o día 14 de marzo no Centro Sociocultural de Sober. Ao remate farase unha degustación de viño de Amandi.
 
Outra das colaboración é a que o Goberno local establece coa Estación de viticultura e enoloxía de Galicia con quen organiza a xornada técnica Claves para vender máis e mellor o viño. Marketing do viño, prevista para o 18 de marzo en horario de 09:00 a 14:30 horas.
 
O domingo día 22 de marzo o programa Come e fala da Radio Galega fará a súa retransmisión en directo desde a Praza do Concello de Sober para darlle publicidade á Feira e contar os segredos da localidade.
 
Os actos do mes do Amandi rematan o 25 de marzo, día no que a Escola de Hostalería de Rosende acollerá unha xornada de maridaxe de viño de Amandi con merluza do pincho de Celeiro. No evento colaboran a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fenrández, Puerto de Celeiro S.A. e a Confraría de Pescadores de Celeiro.
 
Avance do programa da XXXV Feira do Viño de Amandi
A XXXV Feira do Viño de Amandi comezará o sábado día 28 de marzo ás 11:30 horas co disparo de bombas de palenque. Ás doce terá lugar a apertura oficial do evento a cargo de Adega Malcavada en lembranza do seu fundador, Antonio Vázquez.
 
Ás 12:15 actuará o Grupo de Música Tradicional do Agadic e entre as 16.30 e as 19:00 horas o espazo da Televisión de Galicia Aquí Galicia retransmitirá en directo o seu programa desde a Praza do Concello, no que haberá entrevistas actuacións de orquestras e humoristas, entre outras actividades.
 
Logo do programa haberá unha actuación da Banda de Música de Sober e da charanga Madialeva.
 
Ás 17:30 horas dará comezo e precata oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas haberá unha actuación do grupo Os Festicultores.
 
Desde o sábado 28 e ata o día 15 de abril o Centro Sociocultural acollerá unha mostra cos carteis que participaron no concurso do que saíu a imaxe anunciadora da Feira, así como dos debuxos que se anotaron ao certame de adhesivos para nenos e nenas da Comarca.
 
Domingo 29 de abril
O domingo a actividade retómase ás 10:30 horas co disparo de 22 bombas de palenque, unha por cada colleiteiro participante. De seguido haberá unha actuación da Charanga NBA. Ás 11:00 horas a Banda de Música de Sober fará un pasarrúas.
 
Ás 11:30 horas comezará a cata oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Á mesma hora terá lugar a misa solemne coa bendición de ramos na Igrexa de Sober. A continuación farase a lectura do pregón, cuxo pregoeiro se avanzará nos próximos días, así como a entrega de premios aos adegueiros.
 
Pola tarde volverá actuar a Charanga NBA. A Orquestra Los Satélites será a encargada de pechar a Feira do viño de Amandi a partir das 19:30 horas.
 
O comité de cata estará formado polos seguintes membros:
-Mar Vilanova De La Torre, investigadora da Misión Bioloxica de Galicia (CSIF). Grupo de investigación de viticultura.
-Iria Otero Mazoy, membro da Asociación de Sumiliers Gallaecia.
-Fernando Vilariño Páxaro, técnico do Comité de Cata da D.O. Rías Baixas.
-Josá María Martínez Alonso, membro do panel de cata da D.O. Ribeira Sacra e propietario da vinoteca “O Beiro” de Santiago.
-David Cidre Guitián, profesor do ciclo formativo de Servizos en Restauración da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende-Sober.
 
Listado de adegas participantes na XXXV Feira do Viño de Amandi:

 

A MAN DE PRADO
BOLMENTE
AS MURAS PROENDOS
ADEGA ALGUEIRA DOADE
ADEGA BARBADO PROENDOS
CIVIDADE OUTEIRO-BOLMENTE
CRUCEIRO VLACHA-DOADE
DÉCIMA VILACHA-DOADE
DON BERNARDINO CIMA DE VILA-BROSMOS
ESTRELA VILACHA-DOADE
GUÍMARO SANMIL-BROSMOS
LUCENZA CORVELLE-PROENDOS
MALCAVADA ROSENDE
MARCELINO I A CARQUEIXA-PROENDOS
PROENCIA SANSILLAO-PROENDOS
RECTORAL DE AMANDI AMANDI
REGINA VIARUM DOADE
SURGA I LOBIOS
VAL DA LENDA CANTON-AMANDI
VIÑA FERREIRO CAMILO-BOLMENTE
VIÑA CAZOGA O PACIO-AMANDI
VIÑA PEON O BARRIO-FIGUEIROÁ
VIÑA REGUEIRAL A CAL-BARANTES
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com