SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AGRADECE O ACONDICIONAMENTO DE CATRO QUILÓMETROS DA ESTRADA DE SOBER A GUNDIVÓS, PERO CONSIDERA A ACTUACIÓN INSUFICIENTE



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradécelle á Deputación Provincial del Lugo ter incluído no POS de 2015 as obras de acondicionamento de catro quilómetros da estrada 59-04 que conecta Sober e Gundivós. O rexedor recorda que se trata de obras que xa se tiñan reclamado en numerosas ocasións, tanto por parte do Goberno local como dos usuarios e usuarias atendendo ao mal estado que presenta a vía.
 
O Goberno local estima que as continuas reclamacións fixeron posible que a Deputación reconsiderase a necesidade de acometer estas obras que, sen dúbida, redundarán en beneficio dos veciños e veciñas de varias parroquias do Concello, así como dos milleiros de visitantes que a diario acoden ao Centro Oleiros de Gundivós, ás adegas da zona ou a outros elementos turísticos destacados da Ribeira Sacra.
 
Agradecendo a actuación, o Goberno local considera “insuficientes” estes traballos debido ao pésimo estado no que se atopan outras estradas de titularidade provincial de Sober. En concreto, desde o Concello reitérase a necesidade urxente de melloras na vía 59-03, no tramo comprendido entre As Gándaras e Doade, na 59-09 nos accesos a Sampil ou en varios tramos da 59-02 de Canabal a Arxemil por Rosende e Anllo. Fernández Guitián agarda que  tamén a Deputación poida acometer estas obras “o antes posible”.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com