SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER AGRADECE A ELEVADA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DO QUE SAIRÁ O CARTEL ANUNCIADOR DA XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece a alta participación no concurso que convocou o Concello, cuxo prazo vén de rematar, e do que sairá o cartel anunciador da XXXV Feira do Viño de Amandi. En concreto, recibíronse 30 traballos, moitos deles de Galicia, pero tamén doutras Comunidades como o País Vasco, Asturias, Barcelona ou Valencia.
 
O xurado reunirase o vindeiro luns e o deseño gañador darase a coñecer o día 28 de febreiro coincidindo coa presentación do Mes do Amandi. O Goberno local ten previsto facer unha exposición con todos os carteis participantes no certame. A mostra inaugurarase durante a feira e estará exposta no Centro Sociocultural de Sober ata o 15 de abril.
 
Día grande do Entroido
Mañá día 14 de febreiro será o día grande do Entroido en Sober. A primeira hora da tarde unha gran comparsa formada por integrantes da Banda de Música de Sober, alumnos da escola de música, do PAI e do CEIP percorrerán as rúas do Concello ata rematar no pavillón do CEIP Virxe do Carme. Ás 18:00 horas haberá unha merenda para todos os participantes e animación a cargo da compañía Ni fu ni fa animación. Tamén haberá música, xogos e un concurso de disfraces para os nenos e nenas.
 
A partir das 19:00 horas dará comezo o IX Baile da Cachucha no que se fará unha degustación gratuíta de 30 cachuchas e viño novo de Amandi. O concurso de disfraces para adultos comezará ás 21:00 horas. Haberá tres categorías: individual, parellas e grupos.
 
Aproveitando o IX Baile da Cachucha tamén se fará entrega dos premios do I Certame de Coplas de Comadres e Compadres.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com