SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DISPORÁ ATA FINAIS DE FEBREIRO DUN CONSULTOR EN NOVAS TECNOLOXÍAS



O Goberno local do Concello de Sober contará desde esta semana cun consultor en novas tecnoloxías que atenderá de balde todas as dúbidas ou cuestións que se lle trasladen en relación coas novas tecnoloxías da información e da comunicación. Esta colaboración é posible grazas á adhesión do Goberno local ao programa Innovate2 promovido pola Deputación provincial.
 
O consultor estará en Sober ata o 28 de febreiro e prestará a súa axuda en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas na Casa do Concello, e en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura.
 
Actividades para nenos e nenas
No marco do mesmo programa desenvolveranse diversas actividades gratuítas, como charlas ou cursos formativos.
 
No mes de decembro levaranse a cabo dous cursos de iniciación á informática e ás novas tecnoloxías para nenos e nenas. O primeiro deles desenvolverase entre os días 22, 23 e 26 e o segundo os días 29, 30 e 2 de xaneiro. O horario para ambos os cursos será de 11:00 a 13:00 horas na aula de informática da Casa da Cultura.
 
Os interesados poden anotarse na Casa do Concello ou no Centro Sociocultural.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com