SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA UN FESTIVAL BENÉFICO DE NADAL PARA O SÁBADO DÍA 20



O Goberno local do Concello de Sober organiza para este sábado día 20 un festival benéfico de Nadal no que pide que os asistentes colaboren coa doazón dun quilo de comida non perecedoira. Todos os alimentos recollidos serán entregados polos servizos sociais do Goberno municipal ás familias da localidade que máis o precisen.
 
No festival actuarán os alumnos e alumnas do CEIP Virxe do Carme, os do PAI de Sober, a Escola Municipal de Música, a Banda de Música de Sober e Alexandra, cunha actuación vocal e de piano.
 
O evento desenvolverase ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Sober.
 
O alcalde, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a participar neste acto que axudará a pasar mellor estas datas a aqueles que dispoñen de menos recursos. Recorda que é o segundo ano no que se leva a cabo a iniciativa e que o primeiro “foi todo un éxito” que agarda se repita.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com