SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
ROSA QUINTANA VISITOU HOXE UN SOUTO DE CASTIÑEIROS EN NOGUEIRA E A FINCA EXPERIMENTAL DE OS CHANCÍS



A conselleira do Medio Rural e do Mar visitou hoxe a unha plantación de castiñeiros situada no monte de Nogueira e pertencente á comunidade de montes de Santo Estevo de Anllo, do concello lugués de Sober. Durante a visita, a titular de Medio Rural e Mar destacou que este souto de castiñeiros constitúe un exemplo de posta en valor do noso monte, neste caso para a produción e a comercialización da castaña en Galicia.

Ademais contribúe á diversificación da produción forestal e ao aproveitamento dos recursos do monte aumentando a superficie forestal arborada e diminuíndo o risco de incendios forestais. A maiores engadiu que proxectos coma este promoven o impulso da economía e a fixación de emprego no rural.

A superficie que comprende a plantación é de máis de 12 hectáreas e está prevista para 1.247 plantas de castiñeiro híbrido inxertado. Ademais esta iniciativa comprende traballos de roza, de arreglo da pista, inxertado e fertilización, entre outros e contou cunha subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar de máis de 16.000 euros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar leva aprobadas actuacións de creación e recuperación de soutos de castiñeiros en máis de 400 hectáreas. Estas actuacións enmárcase dentro das axudas para o fomento de primeira forestación de terras non agrícolas e supoñen unha inversión por parte da Consellería de preto de 580.000 euros. Además, á convocatoria deste ano, que será resolta proximamente, a Consellería do Medio Rural e do Mar destinou 6,6 millóns de euros.

Finca experimental de viñedo
Tras visitar o souto de castiñeiros, Rosa Quintana, visitará a finca experimental Os Chancís, tamén no concello de Sober. Esta finca é un proxecto concebido con fins experimentais, educativos e de mantemento da biodiversidade e da paisaxe, que se centran principalmente no coñecemento da adaptación de variedades autóctonas á subzona de Amandi dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e no estudo das características agronómicas e enolóxicas de variedades autóctonas en relación coa altitude, a exposición da parcela , e co efecto de diferentes portaenxertos.

O deseño experimental proposto para a parcela experimental Os Chancís é axeitado aos requirimentos da zona e aos obxectivos sinalados para o proxecto. Por isto deséñanse ensaios coas variedades Mencía, Brancellao, Sousón, Treixadura e Loureira, todas elas amparadas na D.O. Ribeira Sacra.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com