SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O GOBERNO LOCAL DE SOBER INVESTIRÁ 150.000 EUROS NA REXENERACIÓN DE CAMIÑOS DE TODO O CONCELLO



O Goberno local de Sober aprobou a semana pasada os Orzamentos para 2015 nos que os investimentos reais experimentan un aumento moi significativo en relación aos de 2012 (132.000 euros) e 2013 (179.000 euros) ao manterse nas cifras de 2014, cun importe de 388.702 euros. A partida máis relevante son os 150.000 euros para o Plan Marco de Mellora de camiños rurais que contempla a rexeneración de camiños en todo o Concello*.
 
En concreto, o Goberno local destina 64.000 euros para o acondicionamento da Rúa da Estación en Canabal e as Prazas de Doade e o Campo de Pinol, obras todas elas incluídas nas actuacións previstas polo ARI.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, avanza unha achega municipal de 10.000 euros para o obradoiro de emprego compartido con Pantón e O Saviñao. A maiores, 30.000 euros destinaranse a obras de saneamento, 10.000 euros a melloras de alumeados públicos, 25.000 euros a melloras de accesos a viñedos e 16.000 euros para mantemento de camiños municipais.
 
Ademais, para 2015 o Goberno local contempla a adquisición de terreo e construción dunha área de autocaravanas cunha achega municipal de 24.000 euros. O alcalde explica que as inversións poderán verse incrementadas con posibles axudas doutras administracións.
 
*Listado de camiños que o Goberno local ten previsto arranxar con cargo ao Plan Marco de Camiños Rurais:
 
Rexeneración de accesos a Vilabalde (Figueiroá),
Rexeneración da estrada de A Carqueixa a Matamá e Ferroños,
Aglomerado de accesos a Francos de Doade,
Rexeneración de accesos en O Pacio, A Travesa, As Pozas e Santa Leocadia en Amandi.
Rexeneración de acceos en As Quintas (Liñarán),
Mellora da estrada que conduce de O Cadabal a Mourentán,
Rexeneración de accesos a Os Hortos e A Somoza (Santiorxo),
Apertura e acondicionamento de camiños entre Veliños e Casa do Monte (Santiorxo),
Reparación de Muro de contención e accesos O Castro de Gundivós,
Rexeneración da estrada de Os  Guntíns-A Vacariza (Neiras),
Rexeneración da estrada de  O Roxo- A Vacariza (Neiras),
Rexeneración de accesos en Vilamide de Arriba (Lobios),
Rexeneración de accesos a Liñares (Figueiroá),
Rexeneración do camiño de O Soutelo a Os Ferreiros (Proendos),
Rexeneración de accesos e  rúas de Telleiros,
Aglomerado do camiño de A Mamuela-Igrexa de Doade
Aglomerado dos accesos en O Rivas (Arroxo),
Apertura e pavimentación de camiño de San Martiño a Pena da Osa e
Rexeneración de Camiño de Froxán a Mer.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com