SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SOBER CELEBRA O SEU 20 ANIVERSARIO CUNHA EXPOSICIÓN DE RETRATOS



A Biblioteca Municipal de Sober cumpre o seu 20 aniversario e para celebralo mañá inaugurase a exposición ‘20 anos entre libros: 1994-2014’. A mostra é unha montaxe de retratos de lectores e lectoras que dende o ano 1994 e ata o 2014 participaron na creación e desenvolvemento de todas as actividades que se levaron a cabo na Biblioteca Municipal.
 
A inauguración da mostra faise coincidindo co Día da Biblioteca que o Concello de Sober conmemora en colaboración co CEIP Virxe do Carme. Con este motivo, os nenos e nenas participarán mañá nunha visita guiada á Biblioteca municipal onde haberá unha sesión de contacontos.
 
As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural a partir das 17.30 horas. Tamén se estrearán novos carnés de socio e farase agasallo dun marcapáxinas conmemorativo dos 20 aniversario da Biblioteca. A mostra poderase visitar desde mañá, día 24 de outubro, ata o 7 de novembro na sala de exposicións do Centro Sociocultural de Sober.
 
A Biblioteca Municipal de Sober estará tamén presente na cea que o colectivo Lemos Le organiza o venres no Centro do Viño para conmemorar este día.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com