|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER COLABORA COAS FESTAS NA HONRA Á VIRXE DO ROSARIO EN AMANDI
O Concello de Sober colabora coas Festas na honra do Rosario que se van celebrar en Amandi os días 17, 18 e 19 de outubro.
A celebración comeza o día 17 a partir das nove do serán cunha pancetada popular no campo da festa.
O día 18 á unha do mediodía haberá misa solemne e procesión. De seguido, será a quenda da sesión vermú a cargo da Orquestra Poceiro. A partir das 8 do serán haberá festa e verbena coa Orquestra Poceiro e o Dúo Estelar.
O domingo día 19 haberá de novo misa solemne con procesión á unha do mediodía. A sesión vermú correrá a cargo da Orquestra Fantasía, a mesma que a partir das 8 do serán amenizará a verbena.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a todos os veciños e veciñas a participar na Festa, así como a todos os que se atopen de visita na localidade.
|
|
|
|
|
|