SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ACOMETE OBRAS DE RENOVACIÓN INTEGRAL DE ALUMADOS EN CINCO PARROQUIAS



O Goberno local do Concello de Sober ultima as obras de renovación integral dos alumados públicos de A Venta, Os Guntís, O Ventorrillo e Suirexa (Neiras), Telleiros (Refoxo), Vilela (Arroxo), Arxemil, O Couto,  Vixilde, A Barreira, Os Navás e O Toxedo (Anllo-San Martiño) e Outeiro, Lama de Outeiro, Rivas, O Viñal, A Igrexa e Lama de Sobrado (Rosende).
 
A actuación consistiu no cambio de 195 equipos. Cambiáronse os equipos e bombillas por novas lámpadas de aloxenuro que teñen máis luminosidade, menos consumo e menor contaminación. O Concello de Sober cambiou as luminarias sen equipamento e as instalacións que o necesitaron, mentres que a Deputación achegou equipos e lámpadas. 
 
Unha redución da factura do 50%
O Concello de Sober foi beneficiado por esta axuda por formar parte do grupo de Concellos adheridos programa Innovate. Anteriormente, o Goberno local xa cambiara máis de 1.000 luminarias con axudas da Consellería de Industria e con fondos propios. A partir de agora, van continuar renovándose e mellorando todos os alumados do Concello que o necesiten. A factura eléctrica do Concello de Sober reduciuse nun 50 por cento dende o 2011 debido ás unificacións e melloras realizadas.
 
Ata o de agora fixéronse melloras importantes entre outros lugares en Francos, Vilachá e O Bidual (Doade), Igrexa (Amandi),  Lamas de Brosmos (Lobios), A Igrexa (Gundivós), As Gándaras (Pinol), A Riba e Igrexa (Barantes), Vilavalde (Figueiroá), Viloriz (Bolmente), Froxán, A Pena, Sober O Vello, Os Pacios, As Laxes, A Senra, Vilastrille, O Barrio, Proendos e Francos (na parroquia de Proendos), Nogueira,  A Burdalla, O Campo, A Cigueñeira, O Xuncal, Pacios, O Cabarco, Hortás, Castinandi, A Mogueira, Soutonovo e Portizó (Anllo Santo Estevo),  A Vacariza e O Roxo (Neiras), ademais de acometer a renovación integral das vilas de  Canabal e Sober.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com