SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CELEBRA AS FESTAS DO CARME DO 19 AO 22 DE SETEMBRO



O Goberno local do Concello de Sober colabora coas Festas do Carme que se desenvolverán na localidade do 19 ao 22 de setembro.
 
Os festexos darán comezo o venres día 19 á tardiña coa inauguración do alumado artístico. A partir das 22:30 horas haberá baile coa Orquestra Los Players.
 
O sábado día 20 a festa segue cun pasarrúas a cargo do Grupo de Música Tradicional Brabán. Ás 13:00 horas haberá misa solemne na Igrexa Nova e sesión vermú co Grupo Brabán. Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas xogarase un trofeo de fútbol no Campo de Centeas, co partido Sober-San Lázaro.
 
De seguido, ás 19:00 horas espectáculo de Novo Circo Peter Punk representando Peor imposible na Praza do Toural. Ás 20:30 horas desenvolverase un recital de poesía a cargo do Grupo de poetas da Ribeira Sacra no Centro Sociocultural. Ao remate, inaugurarase a exposición de pintura e fotografía de Cristina Mejías. A partir das 21:00 horas volve o baile coas Orquestras Bohemia e Hiroshima.
 
Domingo
O domingo día 21 iníciase cun pasarrúas a cargo da Banda de Música de Sober. Ás 13:00 horas será a quenda da procesión acompañada da banda e seguida de misa solemne na Igrexa Nova. Ás 14:00 horas de novo a protagonista será a Banda de Música de Sober que dará o concerto vermú.
 
Ás 21:00 horas actuará a Orquestra Poceiro e ás 24:00 horas haberá verbena coa Orquestra Olympus.
 
Luns
O luns día 22 haberá misa solemne ás 12:30 horas na Igrexa Nova. Ás 20:00 horas baile co Grupo D’Momento e media hora despois gran paellada xigante a cargo do mestre cociñeiro José Arias. Seguidamente, remate da festa co Grupo D’Momento.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece a colaboración dos veciños e veciñas e da comisión que cada ano traballa e se esforza para elaborar “as mellores festas e o mellor cartel”.  
 
 
 
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com