SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DARALLE UNHA NOVA IMAXE AO ANFITEATRO DA PRAZA DO TOURAL



O Goberno local do Concello de Sober aceptou a proposta da veciña de Sober Doa Ocampo que permitirá a intervención artística mural en varias áreas do municipio. En concreto, este ano a intervención levarase a cabo no anfiteatro da Praza do Toural, uns traballos que deron comezo esta mesma semana.
 
A artista soberina ten presentado un proxecto ao Concello de Sober no que propón a realización de intervencións murais en paredes e outras estruturas do espazo público da Comarca de Lemos. Tamén se contempla a decoración de espazos en puntos enclave das rutas de paso turístico abordando as intervencións artísticas mediante temáticas relacionadas cos lugares concretos dos que se trate.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, valora esta proposta que vai permitir reconverter espazos deteriorados ou vadíos en lugares cheos de vida e de cor para o disfrute colectivo dos seus habitantes e visitantes. “Axudará a que avancemos así mesmo na incentivación e concienciación da preocupación polo espazo público”, engade.
 
Segundo a súa autora, Doa Ocampo, trátase de “promover formas de expresión contemporáneas a través desta ferramenta comunicativa que é a arte”. Entre os exemplos que cita nesta liña atópase o museo ao aire libre nas Azores: http://walktalkazores.org ou as desordes creativas de Ordes: http://certamedesordescreativas.blogspot.com.es/.
 
A primeira das intervencións
A primeira destas actuacións, ás que o Goberno local ten previsto sumar novas intervencións noutros espazos públicos, comezou esta semana no anfiteatro ao aire libre da Praza do Toural. Preténdese darlle unha nova imaxe e embelecer o espazo que posteriormente poderá ser promocionado como actividade cultural, xa que os interesados poderán acceder á observación en vivo dos procesos de realización da obra artística. 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com